martes, 26 de xaneiro de 2021

NÓS TAMÉN CREAMOS

 

Parabéns ao alumnado de 3º e 4º de E. Primaria e ao profesorado participante polo premio á curtametraxe  de animación en galego "Nós tamén creamos" que convoca a Secretaría Xeral e Política Lingüística, a Dirección Xeral de Educación e na que colabora a radio e televisión galega (CRTVG).  A curtametraxe gañadora está baseada no conto de "PACO PAPAN". Destacar o gran traballo realizado sobre todo a nivel grupal así como a creatividade amosada na realización.

Felicitar tamén ao alumnado de EI e ao profesorado que participou na súa categoría polo gran traballo realizado baseado no libro "O Oso e o Corvo" que seguro que en vindeiras edicións lograrán o seu obxectivo.

Estas  curtametraxes, realizadas coa técnica stop-motion, tamén poden verse no Portal da Lingua Galega así como na sección infantil do web da Televisión de Galicia.

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario