domingo, 31 de xaneiro de 2021

O poema da Paz

 O día 29 de xaneiro celebramos o día da Paz con diferentes actividades. Aquí tedes o vídeo resultante de unir cada estrofa da Paz realizada polo alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de EP. Bravo, artistas!! O noso poema da Paz quedou chulísimo!!


Concurso Intercentro de Dibujo por La Paz – IES Virgen del Rosario

martes, 26 de xaneiro de 2021

NÓS TAMÉN CREAMOS

 

Parabéns ao alumnado de 3º e 4º de E. Primaria e ao profesorado participante polo premio á curtametraxe  de animación en galego "Nós tamén creamos" que convoca a Secretaría Xeral e Política Lingüística, a Dirección Xeral de Educación e na que colabora a radio e televisión galega (CRTVG).  A curtametraxe gañadora está baseada no conto de "PACO PAPAN". Destacar o gran traballo realizado sobre todo a nivel grupal así como a creatividade amosada na realización.

Felicitar tamén ao alumnado de EI e ao profesorado que participou na súa categoría polo gran traballo realizado baseado no libro "O Oso e o Corvo" que seguro que en vindeiras edicións lograrán o seu obxectivo.

Estas  curtametraxes, realizadas coa técnica stop-motion, tamén poden verse no Portal da Lingua Galega así como na sección infantil do web da Televisión de Galicia.

 




sábado, 23 de xaneiro de 2021

O ENTROIDO

 Este ano o Entroido cae a principios de febreiro. Xa non nos queda nada! E queredes saber máis sobre esta celebración tan divertida? Aquí tedes unhas páxinas moi interesantes sobre os diferentes personaxes típicos que hai en Galicia. A ver se os coñecedes todos. Esperamos que vos gusten!

 

 LA SEMANA GRANDE DEL ENTROIDO | galiciaunica

 


Los personajes más conocidos del Carnaval en Galicia