sábado, 3 de outubro de 2020

CONVIVIMOS CO COVI-19




 Este novo curso arrancou un pouco especial. Que vos parece ver as novas normas que hai no centro? Aquí tedes a colaboración da maior parte do alumando. Grazas por participar!


xoves, 18 de xuño de 2020

Arte galego

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que tal estades? Xa ule a fin de curso!! Non vos parece?
Para rematar estos días con maior alegría ímosvos ensinar o traballo que fixemos sobre arte. Esperamos que vos guste!


Ademais, querémosvos ensinar un traballiño precioso que fixeron os nenos e nenas de Ed. Infantil.Que vos parece? Creo que entenden moito sobre o Covid- 19.
 
Para ver o outro traballo de arte proposto por Ramoniño podédelo ver aquí:
http://bibliopingas.blogspot.com/

Moitísimas grazas por participar e que teñades unhas felices vacacións de verán!


venres, 5 de xuño de 2020

QUEREMOS EMOCIONARTE


Ola de novo nenos e nenas do Otero Pedrayo!

Xa sabedes que durante este curso, Galeguiño propúxonos aprender sobre o ARTE...
O Covid-19 fixo que deixaramos este proxecto un pouco de lado pero, para rematar o curso, queremos presentarvos estas PROPOSTAS sobre a ARTE.
Pode participar todo o alumnado de Infantil e Primaria, profes e tamén familias. 

Por iso queremos motivARTE, animARTE, debuxArte e emocionARTE!


Desde o Equipo de Biblioteca e EDLG (Dinamización da Lingua Galega) ocorréusenos que xogarades coa arte, coas perspectivas, coas cores, co debuxo...

e sobre todo, poñendo en marcha a vosa creatividade!!

Clicade aquí para ver as obras.
E sen olvidarnos de ler (pronto vos deixaremos unhas recomendacións lectoras...) gustaríanos que escollerades un conto ou libro e imitarades a súa portada.

Animámosvos a que participedes!
Neste vídeo explicamos como:



Queredes saber en que nos inspiramos? Nesta actividade proposta polos museos en pleno confinamento. Mirade, mirade.

Activiade dos museos


Deixámosvos tamén as indicacións:  


Tedes aquí un par de exemplos:

Esperamos as vosas fotos! 
Non olvidedes mandalas como data límite o 15 de xuño!

Unha aperta enormísima!

venres, 22 de maio de 2020

Os contos populares da Laracha


Ola de novo nenos e nenas da Laracha!

Neste mes de MAIO xa sabedes que vos pedimos que participarades en varias actividades.
Por fin hoxe vos presentamos...
"OS CONTOS POPULARES DA LARACHA. 
En honor a Carbalho Calero"

Moitísimas grazas por participar a todo o alumnado de Primaria e tamén ás súas familias e ás súas titoras por botarnos unha man!

Por fin temos o noso libro, picade na imaxe e a DESFRUTAR!

domingo, 17 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Queredes saber o título de moitas obras que escribiu Ricardo Carvalho Calero? Mirade, mirade!

https://carvalho2020.gal/obra/?fbclid=IwAR1PsbP3CeEzIha41KRPLxWXJgNteMA02yhXNJcskouYvrpjl0nRZ7ZTHmM


Con este tema queremos animar á xente miúda a coñecer a poesía de Ricardo Carvalho Calero. É un sinxelo valse primaveral composto por Uxía sobre un fragmento dun poema recollido no seu libro "Reticências...".



martes, 5 de maio de 2020

PROPOSTAS PARA MAIO, O MES DAS LETRAS GALEGAS

Boas nenos e nenas do Otero Pedrayo!!
Hoxe traemos NOVAS PROPOSTAS para este mes, nas que esperamos a vosa participación!

Desde o Equipo de Biblioteca e EDLG (equipo de Dinamización da Lingua Galega) estivemos pensando en que actividades podíamos facer neste mes de maio, aproveitando a celebración das Letras Galegas 2020, que este ano están adicadas a Ricardo Carballo Calero.

Esta data é realmente importante para nós, as persoas galegofalantes, pero en xeral, para todo aquel que quere, admira e valora a Lingua Galega.
Neste mes, e no día do 17 de maio, é cando o conmemoramos de xeito máis visible, pero como dicía Manuel María “O idioma é a forza que nos xungue e sostén, se perdemos a fala, non seremos ninguén”.





Aquí tedes un vídeo explicativo para aclarar as dúbidas!!



Esperamos as vosas creacións!!! Un saudiño!!!