domingo, 18 de decembro de 2016

O SAMAGOSTO!

Este ano no cole celebramos o Samaín así:

           Cunha (ou máis ben tres)  exitosas "EXPOSICIÓNS DE CABAZAS:


          Tamén fixemos uns "CONTACONTOS DE MEDO", onde os maiores do cole viñeron a contar contos para non durmir aos máis pequechos. 
          Con todos os contos que as nenas e nenos fixeron creamos o libro que podedes ver na entrada anterior, e que tamén teremos na biblioteca do centro.


             En Infantil, elaboramos unhas "MERENDAS TERRORÍFICAS". Cada aula preparou unha receita diferente e logo nos xuntamos no ximnasio para merendar todas e todos xuntos. O pasamos monstruosamente ben!! Mirade:


           E por último, o venres celebramos o SAMAGOSTO!! Disfraces terroríficos, sustos, castañas e festa:


martes, 13 de decembro de 2016

OS CONTOS DE MEDO

Ola nen@s!!
Queredes ver que chulo quedou o libro do Samaín? Estade ben atentos a ver se atopades o conto que vos contaron ou o que escribíchedes. Son moitísimos!! Grazas por toda a vosa colaboración. Foi unha semana cargada de... TERROR

Próximamente contaredes co libro na biblioteca e tamén subiremos as fotos e vídeos destes días tan medoñentos. Non volo perdades!!

QUERES SABER ALGO MÁIS SOBRE O APALPADOR?




Aquí poderás atopar información sobre este personaxe, diversos contos, cantigas e entrevistas ao apalpador. Clica na imaxe e verás o que che sae!!

CREAMOS A GALEGUIÑO!!!



Grazas á colaboración de nenos/as e mestres... xa temos creado a Galeguiño. A que quedou chulo? Buscádeo no voso edificio porque pronto vos vai falar!!!

mércores, 7 de decembro de 2016

PRESENTACIÓN

Ola!!!
Son Galeguiño


Son a mascota do equipo de normalización lingüística do noso cole. A partir de agora, verédesme en todas as actividades que fagamos dende o centro, asi que, estade atentos ao blogue porque nel publicaránse todos os vosos traballos. 
O meu creador foi IAGO ANDRADE de 3ºB. 
Quedei ben bonito, non cres?