luns, 26 de abril de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2.021

 Sabiades que Xela Arias Castaño é a quinta muller a quen se lle adica o Día das Letras Galegas? Pero sabedes quen foi esta muller?


Xela Arias Castaño foi poeta, tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes institutos galegos. Traballou no Departamento de Creación e Investigación de Edicións Xerais de Galicia.

É autora dos poemarios "Denuncia do equilibrio","Tigres coma Cabalos", "Darío a diario" e "Intempériome".

Fixo traducións ao galego de obras como "Drácula" de Bram Stoker, "As bruxas" de Roald Dahl, "O gato Gaiado e a andoriña Seña: unha historia de amor" de Jorge Amado, "Contos ao teléfono" de Gianni Rodari, entre outros autores.

Aquí tedes acceso a diferentes enlaces para profundizar na súa vida e obra. Esperamos que vos gusten!


Genial:https://view.genial.ly/604f7afade82e60da5bba009/presentation-xela-arias

Genial:https://view.genial.ly/6088645c1719e10d2c221f7e/guide-xela-arias-primaria-edlg-ceip-ramon-cabanillas?fbclid=IwAR1tx4P6eMP1Og574nVqE2k6Wn_hKPbjuOLizPHUO4SVB2eK0ql_bfVXUuk

Genial:https://view.genial.ly/6089db798249190d28828672/presentation-xela-arias-infantil-edlg-ceip-ramon-cabanillas?fbclid=IwAR2FQF2cblt69-JJpUaV5rTfZ_TH_NQ6wFDXBCPqt4EfOnnFiyIr8jI49h0

Genial:https://view.genial.ly/6089ef139a03840d0cc898f5/interactive-content-quiz-xela-arias-primaria-edlg-ceip-ramon-cabanillas?fbclid=IwAR1XIspP-adyqrekJ2iP2J9ieB3Fp1-wZaWwoWhuwNY5bhThC69rT1q_-kQ

Xogo:https://es.educaplay.com/recursos-educativos/8978862-canto_sabes_de_xela_arias.html?fbclid=IwAR3hrxtGiYN9QqtoSo47A9trpIF53-wGTOEjxOW57YEVfAJ_hHI11yILAX0

Canción:https://youtu.be/xvmQSIp5n7U

Gran diversidade de actividades en liña: http://seminariogalan.org/inicio/2021/actividades

Biografía: https://www.youtube.com/watch?v=fcgrxjPcutU 

Telexornal:https://www.youtube.com/watch?v=7sgoIh6vAqA

Como é a poesía de Xela Arias?:https://youtu.be/PhwxphxWWww

Non te amola:  https://youtu.be/gB9X5bGQBlc

 

mércores, 17 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA

Sabiades que o 24 de febreiro se celebra o día de Rosalía? Queredes facer un xogo divertido sobre a súa vida? Aquí o tedes, clicando na imaxe.


sábado, 6 de febreiro de 2021

O ENTROIDO

 Queredes saber un pouco máis sobre os disfraces típicos de Galicia e a comida tradicional destas festas? Aquí tedes dous documentos moi interesantes se cliclades en "Carnaval en Galicia" ou en "Carnaval Gastronómico en Galicia".



Ademais, deixámosvos un enalce dun pasapalabra do Entroido. Estás preparado para comprobar o que sabes? Veña, ánimo!

PASAPALABRA

domingo, 31 de xaneiro de 2021

O poema da Paz

 O día 29 de xaneiro celebramos o día da Paz con diferentes actividades. Aquí tedes o vídeo resultante de unir cada estrofa da Paz realizada polo alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de EP. Bravo, artistas!! O noso poema da Paz quedou chulísimo!!


Concurso Intercentro de Dibujo por La Paz – IES Virgen del Rosario

martes, 26 de xaneiro de 2021

NÓS TAMÉN CREAMOS

 

Parabéns ao alumnado de 3º e 4º de E. Primaria e ao profesorado participante polo premio á curtametraxe  de animación en galego "Nós tamén creamos" que convoca a Secretaría Xeral e Política Lingüística, a Dirección Xeral de Educación e na que colabora a radio e televisión galega (CRTVG).  A curtametraxe gañadora está baseada no conto de "PACO PAPAN". Destacar o gran traballo realizado sobre todo a nivel grupal así como a creatividade amosada na realización.

Felicitar tamén ao alumnado de EI e ao profesorado que participou na súa categoría polo gran traballo realizado baseado no libro "O Oso e o Corvo" que seguro que en vindeiras edicións lograrán o seu obxectivo.

Estas  curtametraxes, realizadas coa técnica stop-motion, tamén poden verse no Portal da Lingua Galega así como na sección infantil do web da Televisión de Galicia.

 




sábado, 23 de xaneiro de 2021

O ENTROIDO

 Este ano o Entroido cae a principios de febreiro. Xa non nos queda nada! E queredes saber máis sobre esta celebración tan divertida? Aquí tedes unhas páxinas moi interesantes sobre os diferentes personaxes típicos que hai en Galicia. A ver se os coñecedes todos. Esperamos que vos gusten!

 

 LA SEMANA GRANDE DEL ENTROIDO | galiciaunica

 


Los personajes más conocidos del Carnaval en Galicia






sábado, 3 de outubro de 2020

CONVIVIMOS CO COVI-19




 Este novo curso arrancou un pouco especial. Que vos parece ver as novas normas que hai no centro? Aquí tedes a colaboración da maior parte do alumando. Grazas por participar!