xoves, 18 de xuño de 2020

Arte galego

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que tal estades? Xa ule a fin de curso!! Non vos parece?
Para rematar estos días con maior alegría ímosvos ensinar o traballo que fixemos sobre arte. Esperamos que vos guste!


Ademais, querémosvos ensinar un traballiño precioso que fixeron os nenos e nenas de Ed. Infantil.Que vos parece? Creo que entenden moito sobre o Covid- 19.
 
Para ver o outro traballo de arte proposto por Ramoniño podédelo ver aquí:
http://bibliopingas.blogspot.com/

Moitísimas grazas por participar e que teñades unhas felices vacacións de verán!


venres, 5 de xuño de 2020

QUEREMOS EMOCIONARTE


Ola de novo nenos e nenas do Otero Pedrayo!

Xa sabedes que durante este curso, Galeguiño propúxonos aprender sobre o ARTE...
O Covid-19 fixo que deixaramos este proxecto un pouco de lado pero, para rematar o curso, queremos presentarvos estas PROPOSTAS sobre a ARTE.
Pode participar todo o alumnado de Infantil e Primaria, profes e tamén familias. 

Por iso queremos motivARTE, animARTE, debuxArte e emocionARTE!


Desde o Equipo de Biblioteca e EDLG (Dinamización da Lingua Galega) ocorréusenos que xogarades coa arte, coas perspectivas, coas cores, co debuxo...

e sobre todo, poñendo en marcha a vosa creatividade!!

Clicade aquí para ver as obras.
E sen olvidarnos de ler (pronto vos deixaremos unhas recomendacións lectoras...) gustaríanos que escollerades un conto ou libro e imitarades a súa portada.

Animámosvos a que participedes!
Neste vídeo explicamos como:



Queredes saber en que nos inspiramos? Nesta actividade proposta polos museos en pleno confinamento. Mirade, mirade.

Activiade dos museos


Deixámosvos tamén as indicacións:  


Tedes aquí un par de exemplos:

Esperamos as vosas fotos! 
Non olvidedes mandalas como data límite o 15 de xuño!

Unha aperta enormísima!