mércores, 9 de maio de 2018

MARÍA VICTORIA MORENO


Este ano adícase o Día das Letras Galegas á escritora María Victoria Moreno. Se queredes saber máis información da súa interesante vida e obra non dubidedes en clicar nas imaxes. Poderedes ler tanto a súa biografía como facer divetidos xogos.

Muller homenaxeada polo días das Letras GalegasResultado de imagen de victoria moreno

martes, 30 de xaneiro de 2018

O DÍA DA PAZ


Boas a tod@s!
         Vimos compartir un anaquiño do que fixemos hoxe polo día da Paz e a non Violencia. 
Creamos unha árbore da Paz, onde  fomos colgando todos os desexos que as nenas e nenos do cole escribiron nas súas tarxetas. Esta árbore, símbolo de vida e crecemento, medra xunto todas as nosas ideas e anhelos na procura dun presente e dun futuro máis libre e respectuoso!



         Tamén queremos compartir algunhas curtametraxes nas que podemos ver a importancia de valores como a tolerancia, a empatía, a colaboración ou o respecto como eixo para  unha boa convivencia. Esperamos que vos gusten!


                                          


Picade aquí para ver máis curtas.