domingo, 18 de decembro de 2016

O SAMAGOSTO!

Este ano no cole celebramos o Samaín así:

           Cunha (ou máis ben tres)  exitosas "EXPOSICIÓNS DE CABAZAS:


          Tamén fixemos uns "CONTACONTOS DE MEDO", onde os maiores do cole viñeron a contar contos para non durmir aos máis pequechos. 
          Con todos os contos que as nenas e nenos fixeron creamos o libro que podedes ver na entrada anterior, e que tamén teremos na biblioteca do centro.


             En Infantil, elaboramos unhas "MERENDAS TERRORÍFICAS". Cada aula preparou unha receita diferente e logo nos xuntamos no ximnasio para merendar todas e todos xuntos. O pasamos monstruosamente ben!! Mirade:


           E por último, o venres celebramos o SAMAGOSTO!! Disfraces terroríficos, sustos, castañas e festa:


Ningún comentario:

Publicar un comentario