Este novo curso arrancou un pouco especial. Que vos parece ver as novas normas que hai no centro? Aquí tedes a colaboración da maior parte do alumando. Grazas por participar!
sábado, 3 de outubro de 2020
xoves, 18 de xuño de 2020
Arte galego
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que tal estades? Xa ule a fin de curso!! Non vos parece?
Para rematar estos días con maior alegría ímosvos ensinar o traballo que fixemos sobre arte. Esperamos que vos guste!
Ademais, querémosvos ensinar un traballiño precioso que fixeron os nenos e nenas de Ed. Infantil.Que vos parece? Creo que entenden moito sobre o Covid- 19.
Que tal estades? Xa ule a fin de curso!! Non vos parece?
Para rematar estos días con maior alegría ímosvos ensinar o traballo que fixemos sobre arte. Esperamos que vos guste!
Para ver o outro traballo de arte proposto por Ramoniño podédelo ver aquí:
http://bibliopingas.blogspot.com/
Moitísimas grazas por participar e que teñades unhas felices vacacións de verán!
venres, 5 de xuño de 2020
QUEREMOS EMOCIONARTE
Ola de novo nenos e nenas do Otero Pedrayo!
Xa sabedes que durante este curso, Galeguiño propúxonos aprender sobre o ARTE...
O
Covid-19 fixo que deixaramos este proxecto un pouco de lado pero, para
rematar o curso, queremos presentarvos estas PROPOSTAS sobre a ARTE.
Pode participar todo o alumnado de Infantil e Primaria, profes e tamén familias.
Por iso queremos motivARTE, animARTE, debuxArte e emocionARTE!
Desde o Equipo de Biblioteca e EDLG (Dinamización da Lingua Galega) ocorréusenos que xogarades coa arte, coas perspectivas, coas cores, co debuxo...
e sobre todo, poñendo en marcha a vosa creatividade!!
Clicade aquí para ver as obras.
E
sen olvidarnos de ler (pronto vos deixaremos unhas recomendacións
lectoras...) gustaríanos que escollerades un conto ou libro e imitarades a súa portada.
Animámosvos a que participedes!
Neste vídeo explicamos como:
Queredes saber en que nos inspiramos? Nesta actividade proposta polos museos en pleno confinamento. Mirade, mirade.
Activiade dos museos
Deixámosvos tamén as indicacións:
Tedes aquí un par de exemplos:
Esperamos as vosas fotos!
Non olvidedes mandalas como data límite o 15 de xuño!
Unha aperta enormísima!
venres, 22 de maio de 2020
Os contos populares da Laracha
Ola de novo nenos e nenas da Laracha!
Neste mes de MAIO xa sabedes que vos pedimos que participarades en varias actividades.
Por fin hoxe vos presentamos...
"OS CONTOS POPULARES DA LARACHA.
En honor a Carbalho Calero"
Moitísimas grazas por participar a todo o alumnado de Primaria e tamén ás súas familias e ás súas titoras por botarnos unha man!
Por fin temos o noso libro, picade na imaxe e a DESFRUTAR!
domingo, 17 de maio de 2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Con este tema queremos animar á xente miúda a coñecer a poesía de Ricardo Carvalho Calero. É un sinxelo valse primaveral composto por Uxía sobre un fragmento dun poema recollido no seu libro "Reticências...".
martes, 5 de maio de 2020
PROPOSTAS PARA MAIO, O MES DAS LETRAS GALEGAS
Boas nenos e nenas do Otero Pedrayo!!
Hoxe traemos NOVAS PROPOSTAS para este mes, nas que esperamos a vosa participación!
Desde o Equipo de Biblioteca e EDLG
(equipo de Dinamización da Lingua Galega) estivemos pensando en que
actividades podíamos facer neste mes de maio, aproveitando a celebración
das Letras Galegas 2020, que este ano están adicadas a Ricardo Carballo Calero.


Aquí tedes un vídeo explicativo para aclarar as dúbidas!!
Esperamos as vosas creacións!!! Un saudiño!!!
Hoxe traemos NOVAS PROPOSTAS para este mes, nas que esperamos a vosa participación!
Esta data é
realmente importante para nós, as persoas galegofalantes, pero en
xeral, para todo aquel que quere, admira e valora a Lingua Galega.
Neste mes, e no día do 17 de maio, é cando o conmemoramos de xeito máis visible, pero como dicía Manuel María “O idioma é a forza que nos xungue e sostén, se perdemos a fala, non seremos ninguén”.
Aquí tedes un vídeo explicativo para aclarar as dúbidas!!
Esperamos as vosas creacións!!! Un saudiño!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)