Boas a tod@s!
Vimos
compartir un anaquiño do que fixemos hoxe polo día da Paz e a non
Violencia.
Creamos
unha árbore da Paz, onde fomos colgando todos os desexos que as nenas e
nenos do cole escribiron nas súas tarxetas. Esta árbore, símbolo de vida e crecemento,
medra xunto todas as nosas ideas e anhelos na procura dun presente e dun futuro
máis libre e respectuoso!
Tamén
queremos compartir algunhas curtametraxes nas que podemos ver a importancia de
valores como a tolerancia, a empatía, a colaboración ou o respecto como eixo
para unha boa convivencia. Esperamos que vos gusten!
Picade aquí para ver máis curtas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario